Description
Os nenos e nenas dunha maneira totalmente lúdica poderán ir explorando e descubrindo o Camiño de Santiago coa axuda de Tina Calixtina en 5 capítulos que permiten coñecer a simboloxía do Camiño, os recursos naturais e patrimoniais ata chegar á Oficina do Peregrino para obter a Compostela e ver a Catedral e o botafumeiro.